Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2023

LETRAS GALEGAS 2023

Onte festexamos o Día das Letras Galegas con diversas actividades:  - Pola mañá participamos nun obradoiro de muiñeira da man do Xeito, coa súa "Foliada no cole". - Despois do recreo comezou o noso festival. Unha alumna e un alumno de 6º de EP foron os presentadores e todos os grupos participaron con divertidas e variadas actuacións, que podedes velas pinchando neste enlace:   Festival das Letras Galegas Moitas grazas a todo alumnado polo traballo feito e por deleitarnos coa súa arte e, tamén, ao profesorado que organizou e deseñou cada unha das actuacións. Viva a nosa lingua e a nosa cultura!