Publicacións

Día de Rosalía de Castro

Hoxe é o día no que naceu a nosa poeta máis coñecida e admirada, Rosalía de Castro. Para celebralo recitamos entre todos os cursos, Maruxa (a conserxe) e Marta (unha nai) o poema Has de cantar do poemario Cantares Gallegos.  Compartimos o vídeo con vós neste enlace:  Día de Rosalía-Has de cantar

O Nadal no noso colexio

 Hoxe celebramos o Nadal con varias actividades: teatro de títeres, visita do Apalpador e intercambiando as postais que fixo todo o alumnado da escola. Mirade neste vídeo que ben o pasamos!    

25N

Dende o EDLG compartimos diferentes cancións en galego para traballar nas aulas o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Pincha no enlace para escoitalas e cantalas! Libre son (Adhara and Ritman) Por elas (Adhara and Ritman) Chea de vida (Guadi Galego) Non son fada nin princesa (Sés)

O Samaín e o Magosto

 Este ano celebramos conxuntamente o Samaín e o Magosto, ao que lle chamamos "SaMagostín". Pero... de onde vén a festividade do Samaín?  O "Samhain" é unha festa de orixe celta, que dá paso ao ano novo celta e ao inverno, máis ben aos traballos agrícolas e gandeiros do inverno. A principios de novembro os celtas celebraban o final da colleita e a baixada do gando aos pastos invernais. Ademais, os espíritos dos familiares difuntos regresaban ao seu fogar, onde eran ben recibidos para que protexesen a familia e ao gando. Na nosa escola celebrámolo decorando os recibidores con monstros e con casas terroríficas, as cales foron premiadas polo EDLG.  En canto ao Magosto, é unha festa tradicional galega, que consiste en asar e comer as castañas e así o fixemos no noso colexio. Tamén participamos en varios xogos populares, algúns deles con castañas. Aquí vos deixamos o enlace con todas as actividades feitas o 31/10/2023:  SaMagostín

BO INICIO DE CURSO

Comezamos o curso 2023-2024 cunha marabillosa noticia: o Ministerio de Cultura e Deporte premiou a Paula Carballeira co Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, coa súa obra  As alumnas.  Aquí vos deixamos a noticia e desexámosvos un bo comezo de curso! https://www.culturaydeporte.gob.es/gl/actualidad/2023/09/230901-paula-carballeira-premio-nacional.html

FESTA DE FIN DE CURSO

O 21 de xuño rematamos as clases, pero fixémolo con moita festa. A ANPA organizou unha actuación dun mago e diferentes xogos con monitores. Despois do recreo o alumnado de 6º de EP despediuse do colexio cun baile e cunha canción.  Preme no enlace para ver un vídeo, realizado polo equipo TIC, deste día emocionante: https://youtu.be/Ey0r_OOZGjU Dende o EDLG despedímonos ata o vindeiro curso, boas vacacións!