Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2023

Día de Rosalía

Onte foi o día de  Rosalía de Castro. No noso colexio fixemos moitas actividades para celebralo e recordar a súa obra, por exemplo: o alumnado de EI pintou uns pensamentos para o parque de Rosalía,  o alumnado de 4º, 5º e 6º  EP debuxou o seu retrato para colgalo no auditorio municipal e estes grupos tamén recitaron poemas da autora ao resto de grupos de EI e de EP.  Aquí podedes ver todas as actividades, que ben seguro lle gustarían á nosa poeta máis importante.

O ENTROIDO

O venres 17 de febreiro saímos a rúa disfrazados cos traxes populares de diferentes países e de personaxes ou de animais coñecidos deses territorios, seguindo o proxecto da Biblioteca Escolar. Despois xuntámonos na praza da Constitución con outros colexios do municipio para festexar xuntos o Entroido.  Cando chegamos ao centro, o alumnado de 6º de EP leu o testamento do Meco e queimámolo. Pinchando no enlace podedes ver as fotos deste día de troula: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmatovizoso/node/604