O Samaín e o Magosto
Este ano celebramos conxuntamente o Samaín e o Magosto, ao que lle chamamos "SaMagostín".
Pero... de onde vén a festividade do Samaín? O "Samhain" é unha festa de orixe celta, que dá paso ao ano novo celta e ao inverno, máis ben aos traballos agrícolas e gandeiros do inverno. A principios de novembro os celtas celebraban o final da colleita e a baixada do gando aos pastos invernais. Ademais, os espíritos dos familiares difuntos regresaban ao seu fogar, onde eran ben recibidos para que protexesen a familia e ao gando. Na nosa escola celebrámolo decorando os recibidores con monstros e con casas terroríficas, as cales foron premiadas polo EDLG.
En canto ao Magosto, é unha festa tradicional galega, que consiste en asar e comer as castañas e así o fixemos no noso colexio. Tamén participamos en varios xogos populares, algúns deles con castañas.
Aquí vos deixamos o enlace con todas as actividades feitas o 31/10/2023: SaMagostín
Comentarios
Publicar un comentario