O xoves 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas decorando as fiestras do colexio coas palabras máis destacadas das obras de Luísa Villalta e participando no festival.
Aquí vos deixamos o enlace para acceder ao vídeo coas actuacións deste fermoso día.
Nos seguintes enlaces poderedes acceder a diversos recursos para coñecer a autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024: Luísa Villalta. O Portal da Lingua RAG Palabras de Luísa Villalta Primavera das Letras Primavera das Letras Actividades
Hoxe celebramos o Nadal con varias actividades: teatro de títeres, visita do Apalpador e intercambiando as postais que fixo todo o alumnado da escola. Mirade neste vídeo que ben o pasamos!
Hoxe é o día no que naceu a nosa poeta máis coñecida e admirada, Rosalía de Castro. Para celebralo recitamos entre todos os cursos, Maruxa (a conserxe) e Marta (unha nai) o poema Has de cantar do poemario Cantares Gallegos. Compartimos o vídeo con vós neste enlace: Día de Rosalía-Has de cantar
Comentarios
Publicar un comentario