O ENTROIDO
O venres 17 de febreiro saímos a rúa disfrazados cos traxes populares de diferentes países e de personaxes ou de animais coñecidos deses territorios, seguindo o proxecto da Biblioteca Escolar. Despois xuntámonos na praza da Constitución con outros colexios do municipio para festexar xuntos o Entroido.
Cando chegamos ao centro, o alumnado de 6º de EP leu o testamento do Meco e queimámolo.
Pinchando no enlace podedes ver as fotos deste día de troula:
Comentarios
Publicar un comentario